A clasificación elaborada por Research.com sitúa a Universidade de Santiago de Compostela como a mellor de España en Enxeñaría Ambiental e a número 112 do mundo. Esta clasificación foi elaborada a partir dos datos extraídos, ata o 6 de decembro de 2021, da base de datos bibliométrica Microsoft Academic Graph.

Ademáis, este estudo recolle aos mellores investigadores da disciplina de Ciencias Ambientais adscritos á Universidade de Santiago de Compostela e destaca a 13 investigadores dos cales 12 son investigadores principais de cretus. A posición na clasificación baséase no índice H xeral.

Investigador@s destacados
Share This