Bolsas para a iniciación á investigación para alumnos de máster

En 2022 volveuse a lanzar unha convocatoria de bolsas de iniciación á investigación, neste caso, dun mes de duración, durante o cal os estudantes de máster se incorporaron a un proxecto vixente no Centro CRETUS.

O obxectivo desta actividade é fomentar a iniciación á investigación a estudantes con interés en realizar prácticas no campo das tecnoloxías ambientaies, ofrecendo a oportunidade de coñecer dende dentro o mundo da investigación e concretamente o que se fai no Centro. Os estudantes, procedentes de diversos másters incorporáronse a diferentes departamentos para levar a cabo a súa actividade investigadora en CRETUS. Na maioría dos casos, este traballo inicial continuará posteriormente coa realización dun TFM e incluso dunha Tese de Doutoramento.

Os informes finais presentados, revelan que foi, na totalidade dos casos, unha experiencia moi fructifera e satisfactoria. Neste video se recollen as propias testemuñas dos estudantes tras esta experiencia.

Relación de bolsas de iniciación á investigación financiadas por CRETUS no 2022

CANDIDATOTÍTULO DO TRABALLO
AUGA SEGURA
Emilio Roldán ÁlvarezEnriquecemento de biomasa n-damo nun reactor de membranas
Guillermo González PérezProdución de AGV a partir de augas residuais e/ou residuos orgánicos
Brais Vázquez VázquezOperación de reactores innovadores para o tratamento de augas residuais
CIDADES E INDUSTRIAS SUSTENTABLES
Sergio Silva BeaPosta a punto da fermentación ABE en dobre fase a partir de hidrolizado de bagazo de mazá
Laura Docampo LópezAdaptación transformacional para reducir os riscos relacionados co clima
Gorka Arroyo GradillaIdentificación de indicadores de circularidade e de certificación en sistemas de base biolóxica
Andrea Gil AbaldeIdentificación de indicadores de circularidade no sector da pesca
Mercedes G Pérez JimenezDesenvolvemento dun método HPLC-DAD para a identificación dos aminoácidos presentes en xelatina de pescado
Ana Hernández JimenezDeterminación do índice de polifenois totais e da actividade antioxidante de extractos alcoholatos obtidos pola maceración de plantas
SOLOS SAUDABLES
Fabiana Martín CaramésEstudo das formas de Fe e Mn presentes nos solos do Estuario do río Miño.
Cristian Vivian FernándezMellora do solo da mina de Touro e Pedrafita trala súa restauración mediante a aplicación de tecnosois
Nuria Fernández RobledoEstabilización de carbono en solos a través de interaccións Ca-órgano-minerais
Carlos Nogueira BlancoValorización de caucho reciclado presente en superficies de ocio e implicacións medioambientais

Share This