Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2021
Vicerreitoría de Investigación e Innovación

O Centro CRETUS lanza unha convocatoria para recibir expresións de interese para a adscrición como Investigador Principal (IP). A convocatoria está limitada a profesores permanentes da USC (Contratado Doutor, Titutar e Catedrático) cunha traxectoria científica constatable no ámbito dalgunha das áreas temáticas principais do Centro. Os candidatos interesados deben enviar o formulario de expresión de interese e un CV abreviado (máx. 4 páxinas), por correo electrónico a cretus@usc.esantes do 30 de marzo. Toda a información debe ser aportada en inglés, posto que será avaliada pola Comisión Asesora Externa. Recoméndase orientar a candidatura ó modelo e ás áreas de investigación de interese en CRETUS, así como ós criterios de valoración da produción científica, tal e como se describe na información anexada.

Documentos:

Share This