Bolsas para a iniciación á investigación para alumnos de máster
En 2022 volveuse a lanzar unha convocatoria de bolsas de iniciación á investigación, neste caso, dun mes de duración, durante o cal os estudantes de máster se incorporaron a un proxecto vixente no Centro CRETUS.
O obxectivo desta actividade é fomentar a iniciación á investigación a estudantes con interés en realizar prácticas no campo das tecnoloxías ambientaies, ofrecendo a oportunidade de coñecer dende dentro o mundo da investigación e concretamente o que se fai no Centro. Os estudantes, procedentes de diversos másters incorporáronse a diferentes departamentos para levar a cabo a súa actividade investigadora en CRETUS. Na maioría dos casos, este traballo inicial continuará posteriormente coa realización dun TFM e incluso dunha Tese de Doutoramento.
Os informes finais presentados, revelan que foi, na totalidade dos casos, unha experiencia moi fructifera e satisfactoria. Neste video se recollen as propias testemuñas dos estudantes tras esta experiencia.
Relación de bolsas de iniciación á investigación financiadas por CRETUS no 2022
| CANDIDATO | TÍTULO DO TRABALLO |
| AUGA SEGURA | |
| Emilio Roldán Álvarez | Enriquecemento de biomasa n-damo nun reactor de membranas |
| Guillermo González Pérez | Produción de AGV a partir de augas residuais e/ou residuos orgánicos |
| Brais Vázquez Vázquez | Operación de reactores innovadores para o tratamento de augas residuais |
| CIDADES E INDUSTRIAS SUSTENTABLES | |
| Sergio Silva Bea | Posta a punto da fermentación ABE en dobre fase a partir de hidrolizado de bagazo de mazá |
| Laura Docampo López | Adaptación transformacional para reducir os riscos relacionados co clima |
| Gorka Arroyo Gradilla | Identificación de indicadores de circularidade e de certificación en sistemas de base biolóxica |
| Andrea Gil Abalde | Identificación de indicadores de circularidade no sector da pesca |
| Mercedes G Pérez Jimenez | Desenvolvemento dun método HPLC-DAD para a identificación dos aminoácidos presentes en xelatina de pescado |
| Ana Hernández Jimenez | Determinación do índice de polifenois totais e da actividade antioxidante de extractos alcoholatos obtidos pola maceración de plantas |
| SOLOS SAUDABLES | |
| Fabiana Martín Caramés | Estudo das formas de Fe e Mn presentes nos solos do Estuario do río Miño. |
| Cristian Vivian Fernández | Mellora do solo da mina de Touro e Pedrafita trala súa restauración mediante a aplicación de tecnosois |
| Nuria Fernández Robledo | Estabilización de carbono en solos a través de interaccións Ca-órgano-minerais |
| Carlos Nogueira Blanco | Valorización de caucho reciclado presente en superficies de ocio e implicacións medioambientais |




