O vindeiro 5 de decembro, con motivo do Día Mundial do Solo, a delegación da SECS (Sociedade Española de Edafoloxía) en Galicia, presidida polo investigador do CRETUS Xose Lois Otero, organizará unha xornada para conmemorar este día, onde CRETUS, como todos os anos, estará presente.

O acto, baixo o título “O Solo e a auga: fonte de vida”, terá lugar na Aula Magna da Facultade de Bioloxía da USC en horario de 9.30 a 14.30 horas onde intervendrán investigadores da USC, do centro de investigación de Tecnoloxía Agroalimentaria de Aragón (CITA) e a Organización Mundial para a Alimentación e a Agricultura (FAO) e (INCIPT-CSIC)

Programa da xornada

Share This