Na Conferencia das Partes número 28 (COP 28), celebrada en Dubai en Decembro de 2023,  reuníronse líderes de todo o mundo para buscar solucións e acordos para mitigar o cambio climático. Neste acto presentarase un sucinto resumo dos retos a superar e valoraranse os acordos atinxidos, baixo os puntos de vista ambiental e económico.

O Salón de Actos da ETSE da Universidade de Santiago acollerá esta xornada na que se abordarán os retos ambientais recollidos no informe global sobre puntos de inflexión presentado por dous coautores, Sebastián Villasante (Profesor e Investigador do CRETUS e Distinguished Oportunius da Xunta de Galicia) e José A. Sanabria (Investigadora posdoutoral Margarita Salas de CRETUS). O informe, no que participaron máis de 200 autores, presentouse a nivel mundial na Expo City de Dubai durante a COP28.

Por outra banda, Isaac Gómez Piñeiro, subdirector xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático, realizará unha avaliación sobre os aspectos ambientais dos convenios da COP 28 e María Loureiro, profesora de Fundamentos de Análise Económica da USC, sobre os aspectos económicos. A xornada rematará cunha mesa redonda e debate moderado polo profesor de física e investigador de CRETUS, Vicente Pérez Muñuzuri.

Inscricións para asistir antes do 23/01/2024 ás 14h: https://forms.office.com/e/bAk5FmnV2k

Descarga o programa da xornada
Share This