A Xunta de Galicia vén de incorporar a catro investigadores de recoñecido prestixio a través do Programa Oportunius, entre os que se atopa o profesor do Departamento de Economía Aplicada da USC e investigador de CRETUS, Sebastián Villasante. Os outros investigadores distinguidos son María Giménez e Diego Peña (CIQUS) e Yolanda Preciado (CIMUS).
Con eles, xa son 17 os investigadores apoiados polo ERC adscritos ao Programa Oportunius, que desenvolven os seus proxectos de investigación en Galicia.
A presentación tivo lugar o pasado 2 de febreiro no CIQUS, na que tamén participaron os directores científicos dos centros Singulares que acollen investigadores: CiQUS, CIMUS e CRETUS: José Luis Mascareñas, Mabel Loza e Mª Teresa Moreira, respectivamente.
A directora científica María Teresa Moreira acompañando a Sebastián Villasante na presentación