Xa está aberto o prazo para aqueles/as investigadores/as en formación de CRETUS que queiran formar parte do programa de mentorización do Centro.
A finalidade deste programa, que xa vai pola súa 3ª edición, é que os investigadores en formación comecen a reflexionar sobre o seu plan de desenvolvemento profesional máis aló da finalización da tese, para que poidan considerar os seus obxectivos máis aló de acadar o título de doutor/a e a pensar naquelas habilidades adicionais que poidan necesitar para comezar con éxito a etapa posdoutoral, xa sexa no ámbito académico ou empresarial. Para iso contarán co apoio do mentor/a asignado.
Na actualidade, o programa de mentoring conta con 20 investigadores/as na función de mentor/a e xa superaron o programa un total de 30 doutorandos (15 remataron e os outros 15 están en curso).
Se és investigador/a en formación de CRETUS e queres formar parte do programa, tes ata o xoves 7 de marzo de 2024 para solicitalo neste formulario. Unha vez recibidas as solicitudes comunicarase a relación de persoas admitidas que terán obrigatoriamente asistir a unha xornada formativa o 15 de marzo.