Do 4 ao 20 de marzo estará aberto o prazo para solicitar as axudas de predoutorais de CRETUS para cursar estadías de investigación en centros de prestixio internacional. Esta acción, promovida polo Comité de Talento, ten como obxectivo fomentar a colaboración con centros internacionais, promover a obtención de doutoramentos con mención internacional e abrir novas posibilidades e orientacións científico-técnicas no traballo que están a desenvolver os investigadores máis novos.
Estas axudas están dirixidas exclusivamente ao persoal investigador predoutoral de CRETUS para estadías de polo menos 3 meses de duración no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2024. Os solicitantes deberán enviar a solicitude xunto con toda a documentación requirida a cretus @usc.gal antes do 20 de marzo de 2024 ás 14:00
Convocatoria-Axudas-CRETUS-estadias-2024 (Convocatoria 2024, ANEXO I, ANEXO II, Criterios de Avaliación)
A resolución será comunicada por correo electrónico a todos os solicitantes o día 5 de abril de 2024, e farase pública no apartado de formación da páxina web de CRETUS.