O pasado mes de novembro lanzouse a 1ª convocatoria de proxectos colaborativos para persoal investigador posdoutoral de CRETUS: Financiamento de pequenos proxectos colaborativos de I+D, dirixidos e integrados por persoal investigador posdoutoral de CRETUS, nos que se houbera unha colaboración entre dúas ou máis áreas de investigación do centro. A convocatoria tivo unha gran acollida, recibindo un total de 8 propostas, das cales 4 foron seleccionadas para a súa execución.
Unha comisión formada por membros do comité de Coñecemento avaliou as propostas en función da calidade do proxecto, da viabilidade, da integración en CRETUS, así como do impacto que a súa execución tería na carreira profesional dos/as investigadores/as solicitantes.
Propostas seleccionadas:
- A proteómica ambiental como ferramenta para monitorizar a biodegradación de lindano e PFAS en solos e desenvolver tecnoloxías de descontaminación (ProteoLIPS). Juan Antelo e Alba Trueba
- Comprender as relacións socioecolóxicas para mellorar a sustentabilidade das zonas costeiras (SERMARES) Natali Lazzari e José A. Sanabria
- Efecto da expansión da planta invasora Tradescantia fluminensis sobre a diversidade funcional e a capacidade de acumulación de carbono e nitróxeno nas zonas ribereñas (INVASTOCK). Jonatan Rodríguez e Nerea Piñeiro
- Síntese de composites de óxidos metálicos ou encimas soportados en polímeros sostibles para a eliminación de contaminantes emerxentes. Daniel Sastre e Gemma Eibes
Proxectos financiados grazas ao programa de apoio a Centros singulares da USC