A directora científica de CRETUS, a Prof. Maite Moreira, foi nomeada recentemente editora xefa do Journal of Cleaner Production, unha revista de Elsevier Publishing que cun factor de impacto de 11,1.
Esta revista introduce o concepto ‘Produción máis limpa’ cuxo obxectivo é evitar a produción de residuos, ao tempo que aumenta a eficiencia no uso de enerxía, auga, recursos e capital humano. O Journal of Cleaner Production serve como plataforma para abordar e discutir a teoría e a práctica sobre este concepto, abarcando cuestións ambientais e de sustentabilidade. O seu obxectivo é axudar ás sociedades a ser máis sostibles.
Journal of Cleaner Production | ScienceDirect.com by Elsevier
Parabéns a Maite por este éxito!