Esta é a pregunta á que tentou responder o investigador Daniel Armada ante a proliferación do uso de pneumáticos triturados que pasan a reutilizarse, en forma de granulado de caucho, para construír diferentes tipos de superficies como poden ser os campos de fútbol artificiais ou os parques infantís, entre outras.

Daniel, do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da USC, enfocou a súa tese na caracterización de parte do contido químico do caucho reciclado de pneumáticos, na difusión de parte destes compostos cara ao aira e auga, así como as implicacións toxicolóxicas pola inxestión oral deste material.

A súa investigación desenvolveuse en CRETUS dentro do Grupo Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento de Solucións Analíticas (LIDSA) e foi dirixida pola Catedrática María Llompart Vizoso e Doutora María Celeiro Montero.

Novas: Unha investigación avalía os potenciais perigos do caucho reciclado | Universidade de Santiago de Compostela (usc.gal) Una investigación evalúa los potenciales riesgos contaminantes del caucho reciclado (galiciapress.es) Un estudo do Cretus detecta que o caucho reciclado pode ser unha fonte de contaminación ambiental (elcorreogallego.es) Adiós al caucho del césped artificial: es un gran contaminante, pero no hay alternativa (el confidencial)

Share This