O Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) da Universidade de Santiago de Compostela, recentemente acreditado pola Xunta de Galicia como Centro de Excelencia, busca incorporar ao seu equipo un xestor/a de proxectos.
Entre as funcións que desenvolverá figura o apoio aos investigadores na solicitude de novos proxectos, identificación de oportunidades de financiamento, así como apoio no proceso de execución e xustificación.
Os interesados/as deberán enviar un CV e unha carta de motivación por correo electrónico a sonia.suarez@usc.es, indicando no asunto Oferta de Xestión CRETUS, antes do 20 de maio de 2024.