O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visitou esta mañá o edificio central do CRETUS xunto á subdirectora de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria, Irene Bonome, e a xefa do servizo de Planificación e Estruturación da Investigación da Xunta, Mercedes Vázquez. A delegación reuniuse coa dirección do centro, que estivo acompañada polo xerente da USC, Javier Ferreira, e a vicerreitora de Política Científica Universitaria, Pilar Bermejo.

Nesta visita institucional, na que puideron coñecer a actividade investigadora desenvolvida no centro, analizáronse os plans de futuro do CRETUS e como a integración na Rede CIGUS permitirá potenciar as actividades incluídas no PE do Centro.

Share This