Ofrécese un contrato de investigación para desenvolver unha tese de doutoramento no marco do proxecto NUTRITIVE, do programa Horizon Europe, no centro CRETUS da Universidade de Santiago de Compostela.
NUTRITIVE é un ambicioso proxecto da convocatoria HORIZON-CL6-2023- ZEROPOLLUTION-02 con 22 socios internacionais (España, Francia, Alemaña, Bélxica, Holanda, Portugal, Irlanda, Italia, China) coordinado por MEDRAR Smart Solutions, S.L. O proxecto ten como obxectivo traducir os desafíos actuais asociados á xestión do esterco en recomendacións políticas e directrices técnicas para a implementación de solucións ad hoc sostibles e rendibles para sistemas gandeiros.
A persoa contratada traballará na área de eliminación de contaminantes emerxentes durante a dixestión anaeróbica de residuos gandeiros dirixida pola profesora Marta Carballa do Departamento de Enxeñaría Química (Grupo de Biotecnoloxía Ambiental da USC). realizar estadías de investigación nas distintas institucións do consorcio. O contrato comezaría cun período de proba de 6 meses seguido dun contrato de formación investigador de 3 anos.
Breve descrición do traballo
- Caracterización dos residuos gandeiros en canto aos contaminantes emerxentes.
- Optimización da dixestión anaeróbica dos residuos gandeiros por temperatura para maximizar a eliminación de contaminantes emerxentes.
- Optimización da dixestión anaeróbica dos residuos gandeiros mediante a adición materiais carbonatados para maximizar a eliminación de contaminantes emerxentes
Requisitos
- Máster en enxeñaría química ou ambiental, ciencias ambientais ou similar, e presentar unha formación adecuada en tratamento biolóxico de augas residuais e, en especial, de residuos sólidos.
- Claro interese por desenvolver unha carreira profesional investigadora que culmine coa realización dunha Tese de Doutoramento.
- Bo nivel de inglés.
- Dispoñibilidade para viaxar para asistir a reunións ou congresos do proxecto.
As persoas interesadas deberán enviar as súas solicitudes a marta.carballa@usc.es (indicando no asunto do correo electrónico “Contrato NUTRITIVE”) antes do 21 de xuño de 2024 ás 14:00 horas.