Durante a visita técnica ás instalacións que Coca-Cola Europacific Partners ten na Coruña, tivemos a oportunidade de coñecer a estratexia da compañía en materia de sustentabilidade e o seu plan de actuación en áreas clave como o tratamento de augas e a xestión de residuos. Esta visita tamén permitiu dar a coñecer con maior profundidade o Centro CRETUS así como as nosas capacidades nestes ámbitos.

🚰 Para o tratamento de augas presentáronse os reactores de granulación aeróbica e o seu potencial para a obtención de biopolímeros (Anuska Mosquera) e os reactores de membrana para a reutilización de auga (Juan M.Garrido).

🍌 Para a Valorización da fracción orgánica dos RSU, a nosa experiencia e proxectos en temas de Compostaxe (Sarah Fiol) e en tecnosoles á carta, como sistema de xestión de residuos para a Economía Circular (Felipe Macías)

♻ En Impacto medioambiental presentáronse as Ferramentas ACV, Ecodeseño e Pegada de Carbono para reducir o impacto ambiental dos procesos produtivos (Gumersindo Feijoo) e o traballo sobre o Impacto dos microplásticos nas aves mariñas do litoral galego (Xose Luis Otero)

Share This