Ata o vindeiro 21 de xuño estará aberta a convocatoria para solicitar as bolsas de inicio á investigación para estudantes de máster no Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) da Universidade de Santiago de Compostela.

Estas axudas concédense co obxectivo de incentivar o inicio á carreira investigadora aos estudantes de máster que teñan un claro interese en realizar prácticas formativas no marco dun proxecto de investigación CRETUS .

As prácticas formativas terán unha duración dun mes natural, entre xullo e outubro de 2024 (excluído agosto).
Os/as estudantes terán a posibilidade de presentar interese nunha investigación específica dirixida por un investigador vinculado a CRETUS. Isto deberá ser previamente acordado por ambas as partes, feito que quedará reflectido na carta de motivación, que será asinada polo titor. Tamén se pode deixar aberto o encargo do traballo e do titor para que sexa o Centro Singular quen o realice en función das preferencias sinaladas pola persoa candidata na carta de motivación (importante ler as instrucións correspondentes no anexo III).

Prazo para solicitar estas bolsas: do 12 ó 21 de xuño 2024.

A convocatoria e anexos están publicados na web da USC na siguiente ligazón:  http://imaisd.usc.es/guiaconvocatorias.asp?i=gl&s=-2-26-319-371&id=5068&t=1&st=10

Máis información: Bolsas de inicio á investigación | Cretus (usc.es)

Share This