O caso de éxito da tecnoloxía para extraer estruvita das augas residuais desenvolvida polo investigador Juan M Garrido, e Dafne Crutchik, profesora da Universidad Adolfo Ibañez de Santiago de Chile, gaña o Premio de Transferencia de Tecnoloxía “Fernando Calvet Prats” da Real Academia Galega de Ciencias e a Axencia GAIN (Xunta de Galicia).
A lexislación obriga a eliminar o fósfora das augas nas estacións depuradoras pero é posible recuperalo e reutilizalo como substancia útil. Dentro dos compoñentes do fósforo destaca a estruvita, un mineral moi apreciado na UE como fertilizante agrícola. Esta tecnoloxía que conta con dúas patentes (unha española e outra europea), foi transferida exitosamente á empresa Aqualia.
O Premio de Transferencia de Tecnoloxía “Fernando Calvet Prats” dotado con 5.000 € premia conxuntamente ao grupo de investigación creador da tecnoloxía transferida, neste caso ó Grupo de Biotecnoloxía Ambiental da USC (BioGroup) e á empresa destinataria, Aqualia.
O acto de entrega de premios será o vinderio 19 de xuño ás 19:00h no Pazo de San Roque. Para confirmar asistencia: https://forms.gle/FLxTfJEhnabJzyug6
Pranta a escala industrial de cristalización de estruvita ubicada na depuradora de Guillarei (Tui) que xestiona Aqualia