CRETUS participa na coordinación e organización de 3 cursos do programa Universidade De Verán da Universidade de Santiago de Compostela:

  • II A bioloxía das pequenas e grandes cousas. Del 11 o 13 de xuño 2024 en la facultade de Bioloxía. Coordinador: Jesús López Romalde.
    • Os obxectivos do curso son: afrontar os retos da xestión dos riscos sanitarios mundiais dende unha visión multidisciplinar dentro da bioloxía, e visibilizar as implicacións da Bioloxía e da Biotecnoloxía na mellora da calidade de vida e do avance da sociedade.
  • XII Curso de divulgación: Química, a ciencia que envolve as nosas vidas, do 17 o 20 de xuño na facultade de Química. Coordinadoras: Carmen García Jares y Mª Carmen Barciela Alonso (iMATUS).
    • Dar a coñecer que é a Química no século XXI e como se relaciona con outras ciencias, achegando exemplos que demostran que a maioría das actividades, o desenvolvemento e comodidades que forman parte da nosa vida, están a ser proporcionadas ou teñen un alto compoñente de Química.
  • CourEcol 2024: Métodos de mostraxe e análise da biodiversidade en Ecoloxía Terrestre, do 29 de xullo al 2 de agosto na Estación Científica do Courel. Coordinadoras: Teresa Boquete Seoane, Agustín Camacho Guerrero, Javier Valverde Morillas y Zulema Varela Río.
    • O obxectivo do curso é actualizar os coñecementos teóricos do alumnado de grao e mestrado en canto á biodiversidade, os seus compoñentes, e as ferramentas dispoñibles para a súa cuantificación, e aplicar estes coñecementos de forma práctica á caracterización da biodiversidade de comunidades terrestres localizadas na Serra do Courel.
Share This