Valorar o impacto do cambio climático e da calidade do aire exterior e interior, incluíndo o radon, na saúde da poboación galega é o cometido da Cátedra institucional en Saúde Ambiental da Universidade de Santiago que conta co financiamento da Consellaría de Sanidade.
A presentación tivo lugar nun acto institucional que presidiu o reitor Antonio López e no que ademais participaron o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño; o vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación, Gumersindo Feijoo; e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, así como o director da cátedra, o catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública Alberto Ruano. Numerosos investigadores/as, compañeiros/as de CRETUS, asistiron ao acto en apoio a este novo proxecto.