Tres investigadores do CRETUS das áreas de Xeografía, Enxeñaría e Dereito gañan o premio extraordinario de doutoramento para o curso 2021-22.
Alejandro Gómez, que defendeu o traballo “Aplicación de novas tecnoloxías no estudo da costa de Galicia dirixidas a unha nova xestión no contexto do cambio global” dirixido polo IP de CRETUS Xose L Otero e o prof Augusto Pérez Alberti, recibiu o premio na subárea de Historia, Xeografía e Artes.

Lucía Argiz, que realizou a tese baixo a dirección de IP Anuska Mosquera Corral e a investigadora Ángeles Val, recibiu o premio da subárea de enxeñaría polo seu traballo “Mixed-culture biotechnological processes for lipid-rich effluents valorization”.

Andrei Quintiá, que defendeu a súa tese en 2021 baixo a dirección de IP Alba Nogueira, recibiu o galardón da subárea de Dereito polo seu traballo: «A garantía da vivenda digna e accesible. Crise económica e sustentabilidade»

A entrega de premios celebrouse no marco da XI Edición do Encontro da Mocidade Investigativa (EMI) que tivo lugar na Facultade de Psicoloxía do 10 ao 11 de xuño.

Participación no XI Encontro da Mocidade Investigadora | Universidade de Santiago de Compostela (usc.gal)

Seleccionáronse 7 traballos das áreas de enxeñaría e ciencias sociais para participar con exposicións orais nesta edición do EMI.

BRAIS VÁZQUEZ VÁZQUEZ – AVALIACIÓN TECNO-ECONÓMICA E MEDIOAMBIENTAL DA XESTIÓN DE CORRENTES RESIDUAIS LIPÍDICAS NO MARCO DA ECONOMÍA CIRCULAR

JOSÉ RAMÓN LORENZO LLARENA – PRODUCIÓN DE BIOPLÁSTICOS EMPREGANDO CULTIVOS FOTOTRÓFICOS MIXTOS.

SARA GALINDO MORALES – RECICLAJE ENZIMÁTICO DEL TEREFTALATO DE POLIETILENO (PET).

RAQUEL FARIÑAS MERA – EXTRACCIÓN DE POLIFENOIS DO BAGAZO DE MAZÁ E O SEU POTENCIAL USO COMO AXENTES ANTIMICROBIANOS NATURAIS.

LAURA DOCAMPO LÓPEZ REFUCEES WELCOME? UNHA APROXIMACIÓN Á PARTICIPACIÓN POLÍTICA A FAVOR DAS PERSOAS REFUXIADAS NO ESTUDANTADO UNIVERSITARIO.

YOLANDA LÓPEZ GARABATO – ESTUDO DO COMPORTAMENTO DE CONSORCIOS MICROALGA-BACTERIA EN BIOMASA GRANULAR

ADRIÁN AGRASO OTERO – INTEGRACIÓN DE LA EVALUACIÓN DE CICLO DE VIDA Y LA MODELIZACIÓN BASADA EN AGENTES: UNA MODELIZACIÓN DINÁMICA PARA SISTEMAS AGRÍCOLAS.

Share This