O xogo educativo “Come San, Come Sostible” elaborado polo persoal investigador de CRETUS da área da Enxeñaría en colaboración co grupo Esculca da área de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, acaba de saír ó mercado a través da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC.
Este recurso didactico deseñado e pensado para a súa aplicación na etapa de Educación Primaria, ten como finalidade facer consciente ao alumnado da importancia das súas accións para o coidado da súa saúde ao mesmo tempo da protección do medio ambiente e o desenvolvemento sostible.
O equipo de CRETUS integrado polos IPs Gumersindo Feijoo e Maite Moreira xunto coa Postdoc Ana Arias e a investigadora predoutoral Cristina Cambeses , encargouse da conceptualización e deseño completo do xogo así como da elaboración das fichas e as follas para o cálculo das pegadas hídricas e de carbono. O profesorado da Facultade de Ciencias da Educación e membros do grupo Esculca, elaboraron a guía didáctica.
A idea inicial xorde a partir dun traballo publicado no 2020 no Education for Chemical Engineers (https://doi.org/10.1016/j.ece.2020.07.003) q firman os IPs Gumersindo Feijoo e María Teresa Moreira. Nesa ocasión o obxectivo foi fomentar entre o alumnado de Enxeñaría Química a concienciación ambiental cara o consumo responsable de alimentos así como a redución do desperdicio alimentario. A partires de esa idea e en colaboración co grupo de investigación Esculca da USC faise unha adaptación para a súa aplicación o alumnado de Primaria.
A través da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da Universidade de Santiago de Compostela fixéronse os trámites para rexistrar a propiedade intelectual para o seu lanzamento ao mercado e distribución. Os equipos docentes ou grupos interesados, xa poden solicitar unidades deste xogo a través de avte@usc.gal.