A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de outorgar a distinción de Mestrado Universitario Excelente da Xunta de Galicia ao máster universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos da Universidade de Santiago de Compostela, coordinado polo Prof Héctor Rodríguez e no que están implicados moitos profesores de CRETUS.

Para a concesión do selo téñense en conta criterios de avaliación que inclúen aspectos xerais do máster como o índice de ocupación, as entidades públicas e privadas que colaboran directamente co título, o procedemento de selección do alumnado, a porcentaxe de alumnado estranxeiro e a existencia de titorías. Tamén se teñen en conta outros aspectos como as enquisas de satisfacción, o seguimento dos titulados no mercado laboral, o profesorado, a estratexia, e o plan de xestión entre outros.

Este recoñecemento, que tamén ten dende 2020 o Máster de Enxeñaría Química Ambiental coordinado polo IP Francisco Omil, ten unha duración de cinco cursos académicos, e ao remate poderá renovarse por períodos sucesivos de igual duración.

A mención de Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia acredita, por unha banda, o nivel académico e a solvencia científico-técnica dos estudos que acadan este recoñecemento; e, por outra banda, tamén supón unha garantía de futuro para o alumnado.

Parabéns!

Share This