O vindeiro xoves, 12 de setembro, a Directora Científica de CRETUS, María Teresa Moreira e o investigador Gumersindo Feijóo impartirán pola mañá un obradoiro de Análise do Ciclo de Vida (ACV) na Fundación da Empresa Universitaria de Galicia (Feuga).

O obxectivo deste curso organizado por CRETUS, en colaboración co Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec), é afondar nos fundamentos da análise do ciclo de vida segundo as normas ISO 14040 e 14044 para a aplicación de sistemas de ecoetiquetado e ecodeseño.

Esta actividade está aberta ao público que queira asistir, pero require inscrición previa. O custo é de 90€, agás as entidades asociadas a Viratec, que poden asistir gratuitamente.

Inscrición (prazas limitadas): https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeGLcP7sS_MvDQJ3gCP6jtf57hNE2FL7EHMDWpU1mVwdKscaw/viewform

Share This