O proxecto PRETENACC ‘Valoración de residuos graxos para producir biopolímeros‘ proxecto apoiado polo Programa Ignicia da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, busca incorporar dous perfís ao seu equipo! 👇

> Técnico Superior de Investigación: Oferta Contrato_TecnicoInvestigacion_IGNICIA (usc.es)

> Contrato de inicio de investigación: Oferta Contrato_Iniciacion_IGNICIA (usc.es))

O equipo de Investigación formado polas investigadoras do CRETUS Anuska Mosquera, Ángeles Val, Alba Pedrouso, buscan dous perfís para incorporarse ao proxecto PRETENACC, que ten como obxectivo desenvolver unha biotecnoloxía para producir biopolímeros a partir de residuos graxos e utilizando cultivos microbianos mixtos.

Os candidatos incorporaranse ao Centro de Investigación Interdisciplinar CRETUS en tecnoloxías ambientais, onde desenvolverán o seu traballo nun equipo de investigación experto en enxeñaría química e ambiental, BioGroup, da Universidade de Santiago de Compostela.

As solicitudes con todos os documentos indicados na oferta deberán enviarse por correo electrónico antes do 23 de setembro de 2024

Share This