Xa está aberta a convocatoria para participar na VIII edición do Simposio CRETUS para mozos investigadores. Esta actividade está dirixida ao persoal investigador contratado, predoutoral e posdoutoral de CRETUS así como aos estudantes de máster que estean realizando o seu TFM en CRETUS. Nesta xornada, os participantes poderán comunicar o seu traballo cunha exposición oral de 5 minutos a un público non especializado na súa materia. Esta actividade permíteche mellorar as túas habilidades en comunicación e divulgación científica, así como promover o coñecemento mutuo. Como actividade complementaria ás ponencias científicas, os asistentes terán a oportunidade de participar nunha actividade de integración que mellorará a busca de sinerxías entre os participantes.

Esta VIII edición terá lugar na aula de proxectos da ETSE (USC) o luns 7 de outubro.

Datas
23 de setembro: data límite para o envío de resumos.
27 de setembro: Comunicación do programa.
2 de outubro: Publicación do programa.

DESCARGAR CALL

Share This