CRETUS participará un ano máis na iniciativa de divulgación científica «A Noite Galega das persoas investigadoras, G-Night», levando 4 obradoiros demostrativos ó Claustro de Fonseca en Santiago de Compostela. A cita é o venres 27 de setembro de 18:00 a 21:00 horas.

 A Noite Europea dos Investigadores é un proxecto de divulgación científica promovido pola Comisión Europea dentro das accións Marie Skłodowska-Curie do programa Horizonte Europa, que ten lugar simultaneamente en case 400 cidades europeas dende 2005.

Talleres CRETUS na G-Night 2024:

Arqueoloxía e Antropoloxía Ambiental no CRETUS

As investigadoras Olalla López, Ailém Paladea e Aránzazu Fernández, levarán materiais e actividades breves relacionadas coa arqueoloxía que axudarán a exemplificar o traballo que se realiza nesta unidade para estudar a relación entre o ser humano e o medio ambiente a longas escalas temporais. Os asistentes poderán ver ósos arqueolóxicos, como é unha cremación e ata aprender a ler textos medievais de contido ambiental.

Adaptación das plantas e liques ao estrés ambiental

Zulema Vázquez e Jonatan Rodríguez, mostrarán como moitos organismos sésiles, como plantas e liques, posúen diferentes estratexias para facer fronte ás presións ambientais. Nesta actividade coñeceremos diferentes aspectos funcionais das plantas e liques que nos permiten identificar posibles variacións e respostas ligadas aos cambios ambientais.

Cálculo da pegada de carbono e hídrica dos alimentos 

A través do xogo didáctico “Come San, Come Sostible” Sofía Estévez e José Luis Ares ensinará ós participantes a avaliar o impacto ambiental derivado das súas dietas de consumo alimentario diario. O xogo permite tomar consciencia da importancia das nosas accións para o coidado da nosa saúde a protección do medio ambiente e o desenvolvemento sostible.

Valores en xogo

Os investigadores Javier Seijo, Antía Campos e Benjamin Dudoudet, levarán nun xogo interactivo no que os asistentes poderán participar de forma individual ou por equipos para valorar a importancia económica e ambiental dos ecosistemas.  Un xogo no que haberá que ter en conta varios factores para lograr un bo equilibrio!e tipo de material.

Aínda que este é o cuarto ano consecutivo que CRETUS participa nesta iniciativa, este ano farao por primeira vez como Centro da Rede CIGUS (Centros de Investigación do Sistema Universitario Galego), selo da Xunta de Galicia que conta co cofinanciamento da Unión Europea.

Para máis información: GNIGHT-GAL

Share This