O investigador e Prof. emérito da USC Juan M. Lema, acaba de recibir o nomeamento de “Honorary Professor” da Beijing University of Chemical Technology (BUCT), a mais alta distinción académica outorgada polas universidades chinesas equivalente o doutoramento “Honoris causa”. Ata o momento só recibiron esta distinción menos de 25 profesores internacionais.
O titulo foi outorgado nunha solemne ceremonia presidida polo Presidente (Reitor) da BUCT o pasado 25 de outubro como recoñecemento ás excepcionais aportacións do Prof. Lema ó campo da Biotecnoloxía ambiental orientadas á recuperación de recursos a partir de residuos, nos derradeiros 30 anos.
Éste galardón súmase ós catro que xa ten concedidos: Doutor Honoris Causa pola Pontificia Universidade Católica de Valparaíso, Chile (2015), pola Universidade Politécnica de Milán (2021), pola Universidade de Valladolid (2021) e pola Autónoma de Barcelona (2023).
Moitos moitos parabéns!