O profesor Sebastián Villasante, Investigador Distinguido do Programa Oportunius e director do Laboratorio EqualSea de CRETUS, foi seleccionado para participar como novo membro da prestixiosa Comisión da Terra. Unirase así a un grupo internacional de máis de 60 científicos sociais e naturais que traballan para establecer os chamados Límites Planetarios Seguros e Xustos, uns limiares apoiados pola ciencia máis aló dos cales se compromete a resistencia da Biosfera.

A presenza do investigador podería supor unha reformulación dos límites estimados actuais. A súa incorporación implica a inclusión dos sistemas mariños como novo marco de estudo para esta entidade, ata agora só centrada nos límites terrestres e fluviais. Isto podería levar a unha comprensión máis sólida e precisa da saúde do Planeta e dos efectos das actividades que pertencen á Economía Azul.

ACERCA DA COMISIÓN DA TERRA
A Comisión da Terra (The Earth Commission) é a pedra angular científica da Alianza para o Común Global, unha crecente coalición de científicos, filántropos, grupos da sociedade civil, empresas e innovadores que permiten a acción colectiva para salvagardar os bens comúns globais, que teñen como obxectivo transformar os nosos sistemas económicos que o noso planeta siga sendo habitable.

Share This