CRETUS, como novo centro da rede CIGUS da Xunta de Galicia, incorpórase este ano á celebración da xornada de portas abertas, Ciencia Singular, un evento de divulgación científica dirixido á cidadanía que organiza xunto cos outros Centros Singulares de Investigación da USC: CIQUS, CITIUS, CIMUS e IGFAE.

Para dar a coñecer as súa actividade de I+D o Centro abrirá as portas o sábado 23 de novembro en 4 quendas (10h, 12h, 16h, 18h), cun programa cheo de actividades para adultos e público infantil sobre a investigación que se fai no Centro na busca e validación de solucións a problemas ambientais reais.

As actividades, abordan temas da súa axenda e que son de interese cidadán como as ameazas ós nosos mares, solucións para conseguir solos saudábeis e auga segura e alternativas para conseguir cidades e industrias sostibles.

Para o público adulto que se achegue ata a sede de CRETUS, haberá conferencias temáticas sobre as ameazas que enfrontan os nosos mares e charlas con demostracións que requirirán da participación dos asistentes como a construcción dunha biorefinería, valorar a implicación social nos proxectos tecnolóxicos,  resolver todas ás dúbidas sobre á presencia do gas radon e riscos asociados a súa inhalación, coñecer como obtemos bioplásticos a partir de residuos e descubrir cales eran os problemas de contaminación na antigüidade e como os detectamos.

En paralelo, están programados 5 obradoiros para o público infantil baixo o titulo “O planeta precisa de nós. Fagamos equipo!” Trátase de espertar o seu interese sobre o coidado do planeta, con temas como a compostaxe, tratamento de augas, o cálculo da pegada ambiental da dieta alimentaria ou os beneficios da exploración de contornas naturais mediante sistemas de realidade  virtual

O Centro de Investigación Interdisciplinaria en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) ben de incorporarse recentemente á Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario Galego da Xunta de Galicia, cofinanciado con Fondos Europeos.

Share This