Ven de publicarse a convocatoria pública ordinaria CRETUS 01/2024 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación de CRETUS. O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/CRETUS_contratacion.htm
- Estado: en trámite
- Fecha de publicación: 09/12/2024
- Plazo de presentación de solicitudes: dende o martes 10 de decembre (as 00:00 h) ata o luns 18 de decembro (as 23:59 h)
- Documentos relacionados: PDF convocatoria
- Convocatoria publicada na sección Ofertas de Emprego da web de CRETUS