A RAGC e a Universidade Intercontinental de Empresas (UIE) recoñecen a través da convocatoria “Premios RAGC-UIE para mozos investigadores” a traxectoria científica das investigadoras Cristina Gómez e Sara González das áreas de ciencias sociais e técnicas, respectivamente.
A través deste galardón, a RAGC-UIE quere impulsar a investigación científica en Galicia, recoñecendo e potenciando a traxectoria dos mozos investigadores que desenvolven a súa carreira en centros da comunidade galega, contribuíndo así á promoción do coñecemento científico como motor de progreso.
Na área de Ciencias Sociais, o galardón foi para Cristina Gómez (Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía da USC) polo seu traballo no ámbito da psicoloxía política, a acción colectiva e o comportamento das persoas en contextos de crise social e políticas, así como polo seu traballo no ámbito da percepción social de temas ambientais que desenvolve en CRETUS.
Na área de Ciencias Técnicas, Sara González (Enxeñería Química da USC) recibiu o premio accesit que recoñece o sua intensa labor en liñas de investigación como a economía circular, o estudo da pegada ambiental e a análise da sustentabilidade, utilizando a metodoloxía da análise do ciclo de vida (ACV) en sistemas industriais, agroalimentarios, urbanos e forestais. Sara ten unha gran traxectoria produtiva en investigación e transferencia de resultados ao ámbito empresarial e está incluída no Top 2% dos investigadores máis citados segundo a lista elaborada pola Universidade de Stanford.
Ademais das investigadoras do CRETUS, foron recoñecidas as investigadoras Beatriz Pelaz (CIQUS) e Belén Riveiro (CINTECX).