Do 10 ao 16 de decembro, especialistas en diferentes disciplinas científicas, entre os que se atopa o IP Sebastián Villasante, reuníronse con representantes de 147 países para a presentación e aprobación do Informe de Avaliación do Cambio Transformador no marco da XI Asemblea Xeral da Plataforma Intergobernamental sobre Biodiversidade e Ecosistemas. Servizos (IPBES) celebrada en Windhoek, Namibia.

O informe identifica as causas subxacentes da perda de biodiversidade, os determinantes do cambio transformador e as opcións para acadar a Visión 2050 para a biodiversidade. Neste documento, froito de 3 anos de traballo, participaron 100 expertos de 42 países, entre eles o investigador e profesor da USC, Sebastián Villasante, autor do capítulo 2. Villasante é o único implicado de España xunto coa investigadora ICREA do ICTA Victoria Reyes García, autora principal do capítulo 5.

A aprobación deste informe, o pasado 17 de novembro, supón un gran paso no acordo para evitar o desencadeamento dun deterioro irreversible das funcións fundamentais dos ecosistemas.

Share This