O profesor e investigador de CRETUS José Manuel Sabucedo ingresou hoxe na Academia Española de Psicoloxía, cunha intervención sobre “Psicoloxía da política” na que abordou a aparición do extremismo en contextos democráticos e os seus efectos, como os comportamentos grupais poden xerar comportamentos antidemocrático e como a psicoloxía social pode contribuir a analizar e, no seu caso, axudar a previr consecuencias non desexadas.

O catedrático do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodolóxica da USC foi elixido por unanimidade como académico e ocupará o posto 43 da Academia, que recoñece así non só a súa traxectoria académica senón tamén a súa contribución ao desenvolvemento da Psicoloxía como iniciadora da Psicoloxía Política en España e impulsora desta área en Latinoamérica. Jose Manuel é membro destacado da Sociedade Internacional de Psicoloxía Social, promotor e primeiro presidente da Sociedade Científica Española de Psicoloxía Social e Editor da revista de Psicoloxía Social. No ámbito académico, foi o primeiro Decano da Facultade de Psicoloxía da USC e da Conferencia Española de Decanos de Psicoloxía.

Parabéns Jose Manuel!

Share This