Xa está aberto o prazo de solicitude de axudas predoutorais CRETUS para estadías de investigación en centros de prestixio internacional. Esta acción, promovida polo Comité de Talento, ten como obxectivo fomentar a colaboración con centros internacionais, favorecer a obtención de doutoramentos con recoñecemento internacional e abrir novas posibilidades e orientacións científicas e técnicas no traballo que desenvolven os investigadores máis novos.

Estas axudas que van dirixidas exclusivamente ao persoal investigador predoutoral adscrito a CRETUS, son para realizar estadías de 3 meses de duración (mínimo) no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2025. Os candidatos deberán enviar a solicitude xunto con toda a documentación requirida a cretus@usc.gal antes do 28 de febreiro de 2025 ás 14.00 horas.

A resolución será comunicada por correo electrónico a todos os solicitantes o día 14 de marzo de 2025, e tamén se fará pública na páxina web do CRETUS.

Share This