O Centro Singular de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) lanza a convocatoria de bolsas de inicio á investigación para o ano 2025, unha oportunidade única para o alumnado de máster que desexe dar os seus primeiros pasos na investigación.
Estas prácticas remuneradas, dunha duración dun mes natural (que se realizarán entre xullo e outubro, excluíndo agosto), permitirán ao alumnado colaborar activamente en proxectos de investigación en curso, baixo a supervisión directa dun Investigador Principal (IP) do centro.
O programa ten como obxectivo fomentar o interese pola investigación entre o alumnado de máster ofrecéndolle unha primeira experiencia no ámbito científico e académico, á vez que contribúe activamente ao avance do coñecemento no marco dos proxectos estratéxicos de CRETUS.
- Convocatoria da Bolsa: 9 de xuño de 2025
- Prazo de presentación: do 10 ao 18 de xuño de 2025
- As solicitudes poden presentarse exclusivamente en liña, usando a seguinte ligazón: 👉 Formulario de solicitud
- As persoas interesadas deben seleccionar a área de investigación do seu interese, xa sexa: Previa acordo cun investigador principal, ou Indicada no formulario doAnexo 2.
Non perdas esta oportunidade!




