O proxecto Stem Bach “Producción de bioplásticos a partir de aguas residuales”  dos estudiantes Iria Lu y Francisco Jesús Zamorano (IES Plurilingüe Rosalía de Castro), recibe o recoñecemento da Xunta de Galicia como mellor proxecto de investigación do Bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía, STEMbach.

Este traballo de investigación, titorizado pola IP Anuska Mosquera e a investigadora Ramón y Cajal, Alba Pedrouso, foi un dos cinco proxectos que recibiron o premio de recoñecemento. Para a súa avaliación, se tiveron en conta criterios científico-técnicos (metodoloxía empregada, análise dos resultados, presentación dos mesmos, conclusións…), a memoria do proxecto (coherencia e calidade, estrutura e extensión, uso dunha linguaxe científica axeitada, bibliografía…) e o vídeo de presentación (fluidez, creatividade e orixinalidade, uso de recursos visuais).

Na convocatoria participaron un total de 63 proxectos procedentes de 14 centros educativos, dos cales 34 foron codirixidos por profesorado da USC. A proposta do IES Rosalía de Castro coordinada desde CRETUS foi a única da USC que resultou premiada nesta edición.

Moitos parabéns!!

Share This