O salón de graos da Facultade de Ciencias da Educación acolleu este martes 1 de xullo a entrega dos Premios Ícarus 2025, unha iniciativa da USC e da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) que recoñece o talento investigador con maior impacto social e económico.

A terceira edición do programa contou cunha participación histórica: 90 traballos presentados, dos cales 28 chegaron á final. No ámbito de Enxeñaría e Arquitectura, foron premiadas pola súa calidade, innovación e aplicabilidade dúas teses de doutoramento desenvolvidas en CRETUS, quedando unha terceira como finalista.

1º Premio – Jorge González Rodríguez
Tese: “Conceptual design, operation and scale-up of photocatalytic processes integrating magnetic nanocomposites for the removal of micropollutants in wastewater”. Unha proposta pioneira que integra nanocompostos magnéticos en procesos fotocatalíticos para a eliminación de microcontaminantes en augas residuais.

Premio – Carlos A. Pena Puga
Tese: “Liquid systems for the valorisation of lignocellulosic biopolymers”. Unha investigación centrada en sistemas líquidos para valorizar biopolímeros lignocelulósicos, clave na transición cara a unha bioeconomía circular e eficiente.

Finalista – Cristina Cambeses Franco
Tese: “O trilema das sociedades avanzadas: saúde, medio ambiente e dietas”

🔬 Estes traballos exemplifican á perfección o obxectivo do Programa Ícarus: transformar o coñecemento xerado na universidade en solucións reais para a sociedade, impulsando o emprendemento e a transferencia tecnolóxica.

Parabéns ás persoas premiadas e finalistas!

Share This