Máis de 30 investigadores e investigadoras pre e posdoutorais participaron na IX edición do Simposio de Investigación en Tecnoloxías Ambientais de CRETUS, que tivo lugar, por primeira vez, nas instalacións do edificio principal do Centro.
Esta edición destacou pola alta portentaxe de participación e a diversidade temática do programa, estruturado en tres sesión:
🔹 Biorrefinería
🔹 Ferramentas e indicadores para a avaliación ambiental
🔹 Estratexias para a eliminación de contaminantes emerxentes
Durante a xornada, os participantes presentaron os seus traballos de investigación en exposicións orais, compartindo resultados recentes e abrindo espazos de debate e colaboración. Ademais, na xornada incluíuse unha actividade de integración para fomentar o intercambio de ideas e fortalecer o espírito de equipo entre o persoal investigador máis novo.
Para finalizar a xornada, o comité organizador formado polos investigadores Maite Moreira, Sabela Balboa e Vicente P Muñuzuri fixo entrega dos premios ás mellores comunicacións orais de cada sesión.
PREMIOS
Premio á Mellor presentación Oral da sesión “Biorrefinería”: Andrea Penedo polo seu traballo “Diseño de biorrefinerías para la valorización del bagazo de cerveza mediante optimización multiobjetivo” Un traballo que desenvolve no Grupo de Biotecnoloxía Ambiental (BioGroup) no marco do proxecto Agriloop.
Premio á Mellor presentación Oral da sesión “Ferramentas e indicadores para a avaliación ambiental”: José Luis Ares polo seu traballo “Análisis de Ciclo de Vida aplicado a la captura y almacenamiento geológico de CO2: caso de estudio de una cementera en Bulgaria” Un traballo que desenvolve no Grupo de Biotecnoloxía Ambiental (BioGroup) no marco do proxecto EasternLights.
Premio á Mellor presentación Oral da sesión “Estratexias para a eliminación de contaminantes emerxentes”: Iñaki Beceiro polo seu traballo “Optimización de una reacción de reducción abiótica del nitrato mediante óxidos de Fe y ácidos orgánicos para su aplicación en condiciones naturales” Un traballo que desenvolve dentro do grupo AMBIOSOL no marco do proxecto EUTROSTOP.



O Simposio de CRETUS está consolidado como un punto de encontro esencial para o desenvolvemento de competencias en comunicación científica, a xeración de sinerxías e a mellora das relacións personais e profesionais do persoal máis novo do Centro.




