CRETUS coordinará BIVAFERROL, un estudo integral da calidade ambiental dos sedimentos e a súa relación coa perda de capacidade produtiva dos bancos marisqueiros de bivalvos na ría de Ferrol.

Este proxecto, financiado pola Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar – REDEMAR, ten como obxectivo avaliar as variacións espazotemporais na calidade dos ambientes sedimentarios da ría de Ferrol en relación coas perturbacións antropoxénicas e o seu impacto sobre os hábitats de interese comunitario e o declive da produtividade marisqueira. Ademais, busca identificar as causas locais da diminución da produción de bivalvos e propoñer medidas de mellora ou novas accións.
O persoal investigador e técnico de CRETUS dos departamento de Edafoloxía e Química Agrícola e de Química Física implicados no proxecto, contará coa colaboración das confrarías de Barallobre, Ferrol e Mugardos, fundamentais para conectar o coñecemento científico coa realidade do sector marisqueiro.
BIVAFERROL supón un paso máis cara á protección dos ecosistemas mariños e á sostibilidade económica e ambiental da actividade marisqueira en Galicia.

Share This