A Comisión Reitora de CRETUS aprobou a apertura dunha Convocatoria para a presentación de Expresións de Interese para a Dirección Científica de CRETUS. A figura da Dirección Científica é esencial para consolidar e reforzar o camiño cara á excelencia na investigación e a transferencia de coñecemento, así como para afianzar a posición de CRETUS como referente na investigación ambiental. Esta convocatoria establece o procedemento de selección e os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas.
Neste contexto, ábrese un proceso de preselección de candidaturas para a Dirección Científica de CRETUS. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 2 de marzo ás 14:00 horas. As solicitudes deben enviarse ao enderezo de correo electrónico cretus@usc.es, incluíndo a información que se achega na convocatoria adxunta.
📄 Documento: Call for the submission of Expressions of Interest to become Scientific Director at CRETUS




