Sustainability in the treatment of wastewater from canning industry effluents”, un novo artigo científico publicado en Water Resources and Industry por Elsevier IWA Publishing, por investigadores de CRETUS, en colaboración con Espina & Delfín.

Este estudo presenta unha abordaxe integrada que combina a simulación dinámica e a análise do ciclo de vida (ACV) para avaliar o rendemento ambiental dunha planta de tratamento de augas residuais industriais no sector conserveiro de peixe.

O estudo identifica oportunidades clave para reducir os impactos ambientais, especialmente no uso de produtos químicos e no consumo de enerxía, e destaca a integración da simulación e a ACV como unha ferramenta poderosa para mellorar a sostibilidade nos sistemas de tratamento de augas residuais industriais.

Autoras: Belinda Cendan Pernas, Ana Arias Calvo, Sofía Estévez Rivadulla, Priscila Artiga Acuña, Gumersindo Feijoo e Maite Moreira.

📄 Acceso aberto: https://doi.org/10.1016/j.wri.2026.100361

Share This