CRETUS resolveu a convocatoria 2026 das Bolsas de Inicio á Investigación, cubrindo as 20 prazas ofertadas.

Esta iniciativa, dirixida a fomentar o primeiro contacto coa actividade investigadora entre o estudantado de mestrado universitario, permitirá ás persoas seleccionadas incorporarse durante un mes a proxectos de investigación vixentes no centro.

Durante a súa estadía, as persoas bolseiras traballarán baixo a supervisión de investigadores e investigadoras principais (IP) de CRETUS, participando en actividades científicas e adquirindo experiencia tanto académica como profesional nun contorno de investigación de excelencia.

As estadías que xa deron comezo en xullo con 12 bolseiras e bolseiros, desenvolveranse tamén no mes de setembro (5 bolsas) e outubro (3 bolsas). CRETUS reafirma así o seu compromiso coa formación das novas xeracións de investigadores e investigadoras e coa promoción do talento novo.

Candidatos do mes de xullo xunto ao coordinador do Máster de Enxeñaría Ambiental e a directora adxunta de CRETUS
Share This