O Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) da Universidade de Santiago de Compostela, acreditado pola Xunta de Galicia como Centro de Excelencia, busca incorporar ao seu equipo un/ha xestor/a de proxectos para reforzar a promoción e a xestión da actividade de I+D+i do centro.

Entre as funcións do posto inclúense a promoción das capacidades científicas e tecnolóxicas do persoal investigador de CRETUS nos ámbitos científico e industrial, tanto a nivel nacional como internacional; a identificación de oportunidades de financiamento mediante convocatorias competitivas, contratos e convenios con entidades públicas e privadas; a participación activa na preparación e presentación de propostas de proxectos; así como o apoio á execución, seguimento e xustificación de proxectos coordinados e das axudas estratéxicas do Centro.

O prazo de presentación de solicitudes será de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria, comezando o luns 3 de agosto de 2026.

Descarga a convocatoria.

Share This