Persoal Colaborador

Alberto Pérez Muñuzuri

• Profesor Titular
• Departamento: Física da Materia Condensada
• Centro: Facultade de Físicas (USC)
• Grupo de Investigación: Grupo de Física non Lineal (GFNL)
• Tel.: +34 8818 14002
• Email: alberto.perez.munuzuri@usc.es
• Web Grupo: http://www.usc.es/en/investigacion/grupos/gfnl/

Bio

Licenciado en Físicas pola USC en Jun 1991, recibín o doutoramento en Físicas pola USC en maio 1996. Realicei estancias postdoctroales na Univ. de Berkeley e na Univ. de Brandeis (USA). Actualmente son Prof. Titular do Dept. de Física da Materia Condensada da Fac. de Física na Univ. de Santiago e Associate of University of Harvard (USA). Estou interesado nas seguintes liñas de investigación: física non lineal, formación de estruturas en sistemas biofísicos,estruturas de Turing, física de fluídos e inestabilidades, algoritmos de navegación en robótica bio-inspirados, modelización de sistemas biofísicos e comportamentos, orixes da vida. Teño 90 artigos publicados en revistas internacionais (incluíndo varios PRL, PNAS, #etc), unhas 35 conferencias en congresos internacionais, 20 seminarios ditados en diferentes universidades, 30 estancias en universidades de diferentes países (Univ. of Harvard, USA; Univ. of South Florida, USA; Univ. of Brandeis, USA; Univ. Nac. de Quilmes, Arxentina; Univ. Mar do Prata, Arxentina; Univ. Livre de Bruxelles, Bélxica; Univ. Heidelberg, Alemaña; #etc), 6 tese doutoral dirixidas e numerosos traballos de fin de master (dirixidos en USC, Univ. Nac. Uruguai, Univ. Nac. Colombia, #etc). Investigador principal de 9 proxectos de investigación de convocatorias competitivas durante os últimos 12 anos.

 

                                              

Actividade financiada polo Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e a USC para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i.