PERSOAL CRETUS

Almudena Hospido Quintana
Catedrática Enxeñería Química
Departamento: Enxeñería Química
Centro: Escola de Enxeñaría Química (ETSE)
Grupo de Investigación: Grupo Biotecnoloxía Ambiental (BIOGROUP)
Tel.: +34 8818 16797
Email: almudena.hospido@usc.es
Web Grupo: https://biogroup.usc.es
Web persoal: https://biogroup.usc.es/users/almudena-hospido
Estudei Enxeñaría Química na USC (1994-1999) e, tras unha breve etapa na empresa privada, realicei o meu doutoramento con premio extraordinario (Nov 2005). Fixen estadías de investigación en centros de prestixio nacionais (LEQUIA, IRTA) e internacionais (RISE, USurrey, UDalhousie) e manteño unha intensa actividade internacional (>70 % dos meus traballos están coasinados con investigadores/as doutros países).
Actualmente son catedrática do Departamento de Enxeñaría Química da USC, impartindo docencia en varias titulacións do campus [Graos en i) Enxeñaría Química e ii) Biotecnoloxía; e Mestrados en i) Enxeñaría Ambiental, ii) Enxeñaría Química e Bioprocesos e iii) Xestión Sostible da Auga] e sendo ademais a coordinadora académica do Grao en Enxeñaría Química e a coordinadora académica das prácticas externas do Mestrado en Enxeñaría Ambiental.
No ámbito da investigación, estiven sempre vinculada á aplicación e desenvolvemento de metodoloxías baseadas no pensamento de ciclo de vida e como as súas ferramentas principais poden apoiar a toma de decisións informadas a todos os niveis. Coordinei o proxecto europeo ENERWATER, xermolo do estándar europeo de eficiencia enerxética en depuradoras urbanas, e apoiei a entidades como a cooperativa láctea CLUN no proceso de certificación ambiental do seu produto premium.
Fun fundadora e presidenta do COEQGa (07/2008-02/2011) e vicepresidenta de FEIQ (05/2003-05/2006). Fun CEO da entidade Cursos Internacionais da USC (10/2015–06/2018), ademais de Coordinadora de Relacións Exteriores (09/2013-04/2014) e Vicerreitora de Internacionalización (09/2015–06/2018), ambos na USC.
Participo en actividades STEM en educación primaria e secundaria, a través de programas como “Unha enxeñeira/científica en cada cole” ou ESTALMAT-Galicia, así como en varios programas de mentoring dos cales me enriquezo significativamente.
Por último, pero ao mesmo tempo o primeiro, son nai de dúas persoas incribles.
Liñas de Investigación
- Aplicación de metodoloxías de avaliación ambiental
– Análise de Ciclo de Vida no ciclo urbano da auga
– Eficiencia enerxética en depuradoras urbanas
– Análise de Ciclo de Vida no sector alimentario: do produto ao territorio
– Análise de Ciclo de Vida no desenvolvemento de tecnoloxías emerxentes
- Desenvolvemento de metodoloxías de avaliación ambiental
– Factores de caracterización para a inclusión da salinidade no compartimento acuático
– Factores de caracterización para a inclusión dos plásticos no compartimento terrestre
– Incorporación das externalidades ambientais a través da súa monetización
- Integración do coñecemento baseado en ciclo de vida para a toma de decisións informadas
Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad