PERSOAL CRETUS

Andrés Baselga

• Profesor Titular, Área de Zooloxía
• Departamento:
Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
• Centro:
Facultade de Bioloxía
• Grupo de Investigación:
Laboratorio de Biogeografía (BiBiCI)
• Tel.:
+34 8818 13278
• Email:
andres.baselga@usc.es
• Web Grupo:
http://www.usc.es/gl/investigacion/grupos/bibici/
• Web persoal:
webspersoais.usc.es/persoais/andres.baselga/
Orcid: orcid.org/0000-0001-7914-7109

Bio

Partindo dun interese polos coleópteros, Andrés Baselga iniciouse na investigación realizando unha tese doutoral sobre os Chrysomelidae de Galicia (supervisado por Francisco Novoa, USC), centrándose fundamentalmente en aspectos taxonómicos e faunísticos. A partir da súa etapa postdoutoral (supervisado por Miguel Ángel Alonso-Zarazaga e Miguel B. Araújo, MNCN-CSIC), abordou cuestións máis relacionadas coa biogeografía e a macroecología, tentando contribuír ao coñecemento dos patróns de diversidade biolóxica e os procesos que os xeran.

De volta á USC (primeiro contratado polos programas Isidro Parga Pondal e Ramón e Cajal, e como Profesor contratado Doutor na actualidade), liderou un grupo de investigación con dous eixos fundamentais: (1) o desenvolvemento de novas metodoloxías para as análises de diversidade, particularmente os patróns de diversidade beta ou disimilitud, e (2) a integración da información filogenética nas análises macroecológicos, tentando atopar novos patróns macroecológicos e macroevolutivos que nos permitan discernir os procesos que gobernan a diversidade biolóxica. Actualmente é editor asociado 3 revistas de gran prestixio internacional: Ecography; Global Ecology and Biogeography; e Methods in Ecology and Evolution.

Liñas de Investigación
Métodos de análises da diversidade biolóxica: Como medir a diversidade biolóxica e as diferenzas entre comunidades biolóxicas?
Biogeografía e macroecología: Como se distribúe a diversidade biolóxica no planeta e por que?
• Modelos de distribución de especies e cambio global: Podemos predicir as respostas da diversidade biolóxica ao cambio global?
Taxonomía de coleópteros: Por que hai tantas especies de escaravello, como son?

Proxectos 

Publicacións 

Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad