PERSOAL CRETUS

Ángeles val del rio
Departamento: Enxeñería Química
Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría (USC)
Grupo de Investigación: Biotecnoloxía Ambiental (BIOGROUP)
Tel.: +34 8818 16788
Email: mangeles.val@usc.es
Web Grupo: https://biogroup.usc.es
Web persoal: https://biogroup.usc.es/users/angeles-val
Enxeñeira Química (Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2006) e doutora en Enxeñaría Química e Ambiental (USC, 2012) coa tese titulada “Sistemas aerobios de biomasa granular: un desafío para un mellor tratamento de augas residuais e xestión de lodos”. Durante os seus estudos de doutoramento, realizou unha estadía no Laboratorio de Biotecnoloxía Ambiental (INRA, Narbona) para estudar a xestión aeróbica de lodos granulares mediante pretratamento térmico e posterior dixestión anaerobia. Durante o período posdoutoral realizou estadías no estranxeiro na Universidade Nacional de Irlanda (Galway), para estudar lámpadas UV avanzadas para a desinfección de augas residuais, e na Universidade do Minho (Braga), para estudar a aplicación da Análise Quimiométrica da Imaxe como ferramenta para o seguimento de lodos granulares en sistemas de tratamento de augas residuais. A súa investigación no Grupo de Biotecnoloxía Ambiental (BioGroup) céntrase no tratamento biolóxico avanzado de augas residuais e residuos urbanos e industriais con recuperación de produtos valiosos (como biogás, biopolímeros e auga para a súa reutilización). Os procesos estudados inclúen lodos granulares aeróbicos, microalgas, anammox e producción de polihidroxialcanoato (PHA). Dende 2023 é Profesora Titular do Departamento de Enxeñaría Química da USC.
Liñas de Investigación
- Tratamento de augas residuais e valorización de recursos
– Desnitrificación autótrofa de augas residuais urbanas e industriais (procesos Anammox)
– Reactores aerobios granulares
– Fotobioprocesos con microorganismos autótrofos e heterótrofos
- Biorrefinería
– Produción de biopolímeros: desde augas residuais ata biopolímeros
Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad