PERSOAL CRETUS

Anuska Mosquera Corral

• Catedrática Enxeñería Química
• Departamento:
Enxeñería Química
• Centro:
Escola Técnica Superior de Enxeñaría (USC)
• Grupo de Investigación:
Biotecnoloxía Ambiental (BIOGROUP)
• Tel.:
+34 8818 16806
• Email:
anuska.mosquera@usc.es
• Web Grupo:
https://biogroup.usc.es
• Web persoal:
https://biogroup.usc.es/users/anuska-mosquera

Bio

A miña actividade investigadora ha estado centrada no tratamento de augas residuais mediante procesos biolóxicos. Máis concretamente especialiceime en procesos de eliminación de materia orgánica (dixestión anaerobia e oxidación da materia orgánica) e nitróxeno (nitrificación, desnitrificación heterótrofa e autótrofa con compostos de xofre e anammox). Ademais desde o ano 2000 desenvolvín un traballo extenso no tratamento de augas mediante sistemas de granulación aerobia combinados co proceso anammox. No que respecta a os sistemas de granulación aerobia enfoqueime no seu desenvolvemento para o tratamento de efluentes industriais (conserveira, lácteos, xurros etc.)/ etc.).

En canto ao proceso anammox participei en numerosos traballos de investigación enfocados ao desenvolvemento dunha tecnoloxía a escala industrial que se materializou co nome de ELAN®. Desde o ano 2005 incorporei técnicas de bioloxía molecular á identificación das principais poboacións microbianas presentes na biomasa en operación nos distintos reactores utilizados. Desde o ano 2011 comecei a traballar nunha nova liña de investigación, partindo dos coñecementos obtidos dos traballos de granulación aerobia, enfocada á produción de biopolímeros, polihidroxialcanoatos (PHA) principalmente, coñecidos como bioplásticos a partir de augas residuais e de lodos activos. Participei na solicitude de dúas patentes europeas. Unha coa empresa Hidrotec Tecnoloxía da auga S.L. de alcance europeo foi publicada recentemente (EP 2 740 713 A1). En base ao método de posta en marcha da patente, a empresa FCC Aqualia está en fase de construción e posta en marcha dun reactor ELAN® a escala industrial na planta de tratamento de augas de Guillarei (Galicia) para o tratamento das augas de retorno do digestor anaerobio de lodo (http://www.usc.es/enxqu/?q=é/node/1141). A segunda patente foi solicitada conxuntamente coa Universidade Autónoma de Barcelona e está en fase de avaliación (EP13382301). O obxectivo no que se refire ao proceso anammox para o período de realización do proxecto, obxecto da presente solicitude, son establecer as condicións de operación óptimas para o funcionamento dun sistema baseado en biomasa anammox para o tratamento da liña principal de augas dunha EDAR.

Liñas de Investigación
Tecnoloxías avanzadas para o tratamento de augas residuais
Desntrificación autótrofa (proceso anammox): Aplicación do proceso anammox para o tratamento de efluentes de digestores anaerobios tratando lodos ou residuos industriais.
– Reactores
aerobios granulares: Aplicación de biomasa granular aerobia para a eliminación de materia orgánica, nitróxeno e fósforo de augas residuais industriais (conserveiras de peixe, xurros de porco, lácteas etc.)/ etc.).
Biorefinería
– Produción de
biopolímeros a partir de augas residuais: Valorización da materia orgánica de efluentes líquidos (glicerol e efluentes da industria agroalimentaria). En especial produción de biopolímeros con propiedades de bioplásticos.

Proxectos 

Publicacións

Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad