Etapa Posdoutoral R2-R3

Consolida a túa carreira investigadora en CRETUS

CRETUS impulsa o desenvolvemento da carreira investigadora na etapa posdoutoral a través dun ambicioso programa de apoio. Esta iniciativa ten como obxectivo a consolidación de investigadores e investigadoras en fase inicial, dándolles a oportunidade de liderar os seus propios proxectos, reforzar a súa liña de investigación e recibir apoio na preparación de solicitudes a convocatorias de recursos humanos competitivas.

O Centro cre no talento como motor de excelencia científica, por iso ofrece oportunidades para incorporarse a proxectos de alto impacto a través da súa bolsa de traballo ou mediante a contratación de candidatos de convocatorias competitivas a nivel rexional, nacional ou europeo.

Oportunidades

  • Programa de promoción internacional

Este programa busca apoiar ó persoal investigador posdoutoral nas etapas intermedias da súa carreira investigadora, promovendo o seu desenvolvemento internacional a través dunha curta estadía nun centro de excelencia onde poidan potenciar a súa carreira ou aprender unha técnica específica ao tempo que melloran as relacións internacionais e abren novas vías de colaboración.

  • Convocatoria proxectos colaborativos

Esta convocatoria financia pequenos proxectos colaborativos de I+D, liderados e integrados por persoal investigador posdoutoral de CRETUS, nos que se establece unha colaboración entre dúas ou máis áreas de investigación do Centro.

  • Apoyo para solicitudes de programas competitivos (ERC; MSCA;)

CRETUS pon a disposición dos investigadores/as posdoutorais máis susceptibles de obter subvencións de programas altamente competitivos, as ferramentas necesarias para orientar e mellorar as súas solicitudes. Un axente externo especializado asesorará e orientará ós candidatos/as. En 2024, dúas propostas apoiadas por CRETUS recibiron a subvención MSCA Postdoctoral Fellowship.

  • Programa de Mentorización

O persoal investigador posdoutoral en etapas máis avanzadas poden participar neste programa como mentores, orientando aos estudantes de doutoramento na organización dos seus plans de desenvolvemento profesional. O programa inclúe actividades de formación de mentores así como sesións informativas sobre recursos e ferramentas. O Centro conta na actualidade con 15 mentores activos, e xa pasaron máis de 30 doutorandos.

  • Oferta formativa continua

O Centro ofrece regularmente cursos deseñados para mellorar as habilidades e coñecementos en competencias transversais, como xestión do tempo, visualización de datos, presentacións orais, etc. Ademais, ofrécense cursos especializados, impartidos por persoal experto, que achegan un coñecemento profundo en áreas chave para o desenvolvemento profesional e académico

  • Divulgación científica

CRETUS ofrece a posibilidade de participar activamente en múltiples actividades de divulgación a través de conferencias, charlas ou obradoiros científicos, ben de xeito individual ou no marco dun programa consolidado como G-night (Noite Galega das Persoas Investigadoras), Ciencia Singular (Xornada de portas abertas para a cidadanía) ou o Programa Pint of Science, entre outros.

Centro de investigación del Sistema Universitario de Galicia (ED431G/2023/12)
Promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad

Centro Oportunius